top of page
  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon
Chica en el campo de las margaritas

 ALADOS MEDIOAMBIENTE 

 Educando no amor e respeto pola Natureza 

"No hay descripción ni imagen en libro alguno que sea capaz de reemplazar la visión de árboles reales y toda la vida que gira a su alrededor, en un Bosque verdadero. Lo que emana de estos árboles nos habla directamemte al alma, revelando conocimientos que ningún libro, ningún museo, podrá darnos nunca.

El Bosque nos revela que no son únicamente los árboles los que existen sino toda una colección de vidas interrelacionadas"

María Montessori

En Alados Medioambiente temos a convicción de que son necesarios cambios profundos no noso xeito de relacionarnos coa Natureza.

Por isto traballamos desenrolando Programas de EDUCACIÓN AMBIENTAL e EDUCACIÓN na NATUREZA en Galicia que fomenten o vínculo afectivo das persoas coa Natureza e favorezcan a relación respectuosa e sostible co medio.

Conductas dominantes como a explotación sin medida dos recursos naturais, a contaminación, a destrucción dos hábitats ou a extinción de especies, entre outras,  lévannos á certeza de que é necesario actuar para fortalecer o vínculo consciente coa nosa contorna.

MISIÓN

A nosa Misión principal é fomentar o Coñecemento,  Amor e Respeto pola Natureza..

manos.jpg

Para acadar este fin impulsamos diversos proxectos de Educación Ambiental, Divulgación e Educación na Natureza en Galicia

fec0366b-3067-4f7e-9190-297cf4dc909b.jpg

Excursións na Natureza

- Para Coles e Anpas -
No Parque Forestal de Saiáns (Vigo) ou outros espazos  da Prov. Pontevedra.

Excursións de Convivencia para descuberta do Monte e da súa Fauna e Flora, aprendizaxe de usos tradicionais (Muiño) e revalorización do bosque autóctono.

Onde?

  1. No Parque Forestal de Saiáns (Vigo) en colaboración coa CMVMC de Saiáns.

  2. Noutros espazos naturais da provincia de Pontevedra : Consultádenos para máis información!

Actividades:

  1. Paseos e roteiros de descuberta do Bosque

  2. Obradoiros

  3. Actividades complementarias: Nas Visitas ao Parque Forestal de Saiáns ofrecemos tamén: visita ao "Muiño da Escola" e  Estacións de experimentación e  xogo na natureza.

Excursións de Medio Día / Día Completo

Aptas tódolos Niveis: Ciclo de Infantil, Primaria, Secundaria

Ancla colegios
aulanaturezaudra

AULA NATUREZA UDRA

Cabo Udra, Bueu

Dende  2023 xestionamos  a Aula de Natureza de Udra para o  Concello de Bueu (Pontevedra), ubicada en pleno Cabo Udra, un espazo natural protexido entre as Rías de Aldán e Pontevedra, catalogado como Rede Natura 2000, Zona LIC  (Lugar Importancia Comunitaria) e Zona Especial Conservación.

A Atención ao Público na Aula se realiza durante os meses de verán. Ao longo do cal haberá unha programación de actividades de inscripción gratuita destinada a todo tipo de públicos.

Ademáis realizamos diferentes eventos ao longo do ano  actividades con centros educativos.

Vos esperamos!

Consulta a nosa AXENDA para vela programación de actividades da Aula durante cada nova tempada!

Udra
Contos no Bosque. Campamento de verán Bosquinenos.jpg

Campamentos

- Parque Forestal Saiáns -

En Colaboración coa Comunidade de Montes de Saiáns, en Vigo, organizamos Campamentos infantís en periodos de vacacións escolares: No entroido, semana santa, verán e setembro.

 

Os montes de Saiáns son  un lugar máxico nos que poder  disfrutar, explorar, descubrir, xogar, aprender e entablar unha conexión profunda coa Natureza.

Para Cativos de 4 a 12 Anos.

Vos agardamos no Bosque Máxico!

Campa/tribu
Ancla familias
Bosquinenos.jpg

Roteiros
Bosquinenos

Natureza Salvaxe Para Familias

¿Sodes unha Familia e queredes  explorar e descubrir xuntos a Natureza?

Seguir rastros de animais, construir un comedeiro para aves, escoitar un delicioso conto baixo a sombra dunha enorme árbore...

Si queredes descubrir o Bosque en Familia participade nos nosos roteiros!!

Actividades dispoñibles na Comarca de Vigo-Morrazo-Pontevedra-Salnés-ValMiñor.

Actividade Familiar

En Fins de Semana. Duración Excursión: 2/3 h

IMG_3369.HEIC

Grupo de Xogo e Aventuras na Natureza

"Tribu Bosquinenos"
Parque Forestal Saiáns, Vigo

Grupo de Exploración e Aventuras no Monte "Tribu Bosquinenos"co cal pretendemos levar a cabo un programa de inmersión na Natureza para crianzas.

Ofrecendo un espazo de aprendizaxe, disfrute, respeto, amizade, aventuras e diversión no Bosque que se leve a cabo ao longo do ano

Para Crianzas de 4 a 12 Anos

Sesións de Sábado de Outubro a Xuño

Asistencia puntual un día solto ou regularmente cada mes.

Vos agardamos no Bosque Máxico!

trbu
Copia de Post de Instagram Vertical Frase Inspiradora Minimalista y Sencillo Gris y Negro.

Charlas Educativas

-Actividades na Aula-

Para achegar a Natureza á aula ofrecemos tamén diversas charlas educativas relacionadas con diversos temas:

1. Animais e Rastros

2. Aves rapaces Nocturnas

3. Aves

Para Ciclos de Primaria e Secundaria

Duración: Entre 1 h e media / 2 h

Cada charla inclúe un Obradoiro relacionado:

1. Moldes de pegadas de animais

3. Taller de disección de egagrópilas

3. Elaboración de comedeiros e caixas niño para aves.

Consultádenos para máis información!

charlas
Rastrexo de Fauna.Campamento de verán Bosquinenos

Actividades Extraescolares 

-Bosquinenos: Xogo e Investigación na Natureza -

En diferentes centros educativos da Comarca de Vigo e Val Miñor levamos a cabo esta actividade extraescolar que buscar achegar a Natureza ao cole e descubrir e coñecer a natureza que rodea ao centro educativo ofrecendo un espazo de xogo ao aire libre. Podedes atoparnos nos seguintes centros educativos: Ceip Chans-Bembrive, Colegio Estudio. Colexio Andersen e Ceip da Cruz.

Consultádenos para máis información!

Extraescolares
Huerta

HORTA ESCOLAR

Deseño - Xestión - Cursos

HORTA ECOLÓXICA:

Deseño e xestión da horta escolar ao longo do curso como actividade dentro do curriculo da escola, como actividade puntual ou como actividade extraescolar.

Consultádenos para máis información!

Horta
Image by Nick Fewings

OBXECTIVOS

  • Promover o  amor e respeto pola Natureza.

  • Divulgar o coñecemento ambiental

  • Restaurar e conservar os ecosistemas naturais autóctonos

  • Traballar por un cambio ecosocial

  • Promover a curiosidade cara o descubrimento da contorna natural

  • Loitar contra o sedentarismo

  • Promocionar actitudes e hábitos favorables hacia a conservación dos valores naturais

  • Favorecer a aprendizaxe a través da experiencia

  • Dar a coñecer os valores naturais de Galicia

carbonero garrapinos.jpg

PARTICIPA

Gracias a tódolos que participades nas nosas actividades nos axudades a seguir promovendo programas de divulgación e educación ambiental e proxectos de mellora ambiental.

Gracias por axudarnos!

bottom of page