Actividades de Educación Ambiental Centros Educativos e Anpas
Que Actividades ofrecemos para coles ou Anpas?
Excursións na Natureza
Excursións á Natureza con Centros educativos
Excursións dirixidas a escolares para coñecer e descubrir diferentes espazos naturais da Provincia de Pontevedra.
Destinado a : Escolares tódolos ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria
Que faremos? Unha achega á contorna cunha metodoloxía activa baseada no autodescubrimento e a exploración. En cada excursión se realizaran paseos de exploración, obradoiros creativos, xogos e contacontos no Bosque
Duración: Medio día (só de mañá) ou de día completo.
Temáticas dispoñibles:
-
O Mundo das Aves
-
O Lobo
-
Animais e os seus Rastros
-
O Bosque
-
Bufos, Mouchos e Curuxas: Aves rapaces nocturnas
-
Ríos de vida
Onde?: Excursións só dispoñibles na Provincia de Pontevedra. Algúns lugares onde podemos realizar ditas excursións son: Parque Natural Monte Aloia, Lago Castiñeiras, Parques Forestais de Vigo, Carballeira dos Prados (A Lama), Área Recreativa Río Maceiras (Covelo), Desembocadura Río Miño, O Salnés, entre outras opcións.
Para saber máis dos lugares onde realizar as excursións, contáctanos! podemos adaptarnos e facer a excursión nun lugar próximo ao voso centro ou a un lugar que queirades.
Excursión no Parque Forestal de Saiáns (Vigo)
Unha Xornada de excursión nos Montes de Saiáns (Vigo) para aprender, disfrutar, descubrir e xogar no Monte!
Ciclos: Escolares dos Ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria e Anpas
Que ofrecemos?
-
Paseo de Aprendizaxe e Exploración "Tesouros do Monte": Os rapaces aprenderán acerca da fauna/flora típica do bosque autóctono e os usos e valores. Descubriremos aos animais, os rastros e sinais que deixan e como se relacionan entre eles, a flora que conforma un bosque e os diferentes usos. Interpretando o monte na súa totalidade.
-
Obradoiro:
-
Infantil + 1 e 2 Ciclo EP: Taller de Elaboración de Moldes de Pegadas de animais en arxila / Bufos con elementos naturais.
-
3 Ciclo EP: Refuxios para Fauna: comedeiros / caixas-niño para aves.
-
-
Ademáis en Excursións de Día Completo (Ciclos de Infantil - Primaria)
+ Estacións de experimentación para sesión de xogo libre no bosque: exploración da charca, MudKitchen, bibliobosque, artnature, carpintaría.
+ Posibilidade de Visita ao Muiño a moer millo.
Duración: Medio día (só de mañán) ou de día completo (de mañán e de tarde)
Onde?: Merendeiro do Parque Forestal de Saiáns (Vigo).
Instalacións: Local da comunidade de montes, Cabaña de madeira e baños
Colaboración coa Comunidade de Montes de Saiáns: Estas excursións están organizadas en colaboración coa CMVMC de Saiáns, de xeito que parte da tarifa vai destinada directamente a eles, coa finalidade de manter o estado de conservanción dos montes e mellorar os seus equipamentos de uso público.
Excursión "Animais e Rastros"
Unha Xornada de excursión para explorar, aprender e descubrir aos animais do Bosque e os rastros que nos deixan á vez que disfrutamos da Natureza
Ciclos: Escolares dos Ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria e Anpas
Que ofrecemos?
-
Paseo de Aprendizaxe e Exploración "Animais e Rastros": Realizaremos un roteiro de exploración na que aprenderemos dos animais máis típicos dos nosos montes e iremos descubrindo no Bosque diferentes e variados rastros e indicios da súa presencia. O Roteiro está complementado con moito material propio: Plumario, cráneos variados, etc.
-
Obradoiro:
-
Elaboración de Moldes de Pegadas de animais en arxila
-
Duración: Medio día (3-4 horas)
Onde?: No Parque Forestal de Saiánás (Vigo) ou en outros numerosos espazos naturais da Provincia de Pontevedra. Podemos buscar un lugar natural cerca do voso centro educativo e que se adapte á actividade.
Excursión "As Aves"
Unha Xornada de excursión para explorar, aprender e descubrir o fascinante mundo das Aves : como son, como viven, como e onde observala, porque migran, etc.
Ciclos: Escolares dos Ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria e Anpas
Que ofrecemos?
-
Paseo de Aprendizaxe e Exploración "As Aves": Realizaremos un roteiro de exploración na que nos iremos introduciendo no fascinante mundo das aves. Con Ciclos de Primaria-Secundaria e Anpas realizaremos observación e identificación de especies con material óptico: telescopios / prismáticos. O Roteiro está complementado con moito material propio: Plumario, cráneos variados, etc.
-
Obradoiro:
-
Comederios ou caixas-niño para aves
-
Duración: Medio día (3-4 horas)
Onde?: En numerosos espazos naturais da Provincia de Pontevedra. Podemos buscar un lugar natural cerca do voso centro educativo e que se adapte á actividade!
Excursións de Bosquinenos con Anpas
Excursións dirixidas a Anpas e Afas para descubrir, aprender e coñecer a Natureza en Familia!
Destinado a : A tódolos públicos. Ciclos de Infantil e Primaria.
Que faremos? Unha achega á Natureza a través dun tema* escollido.
A través dunha metodoloxía activa, baseada na exploración e o seguemento de rastros, promoveremos o autodescubrimento e o coñecemento do mundo natural.
En cada excursión realizaremos:
- Paseo de exploración e seguemento de rastros
- Obradoiro creativo relacionado coa temática
- Conto no Bosque relacionado coa temática
- Merenda campestre
Duración: 3 h. Actividades de fin de semana (preferentemente sábados)
* Temáticas dispoñibles na Provincia de Pontevedra:
-
O Mundo das Aves / Paxariños de Bosque
-
O Lobo
-
Animais e os seus Rastros
-
O Bosque
-
Bufos, Mouchos e Curuxas: Aves rapaces nocturnas
-
Ríos de vida: Bichiños de Río
Onde?: O lugar onde realizaremos a excursión dependerá dos intereses e localidade da Anpa e da temática escollida.
Charlas e Obradoiros na Aula
Charlas e Obradoiros
Actividades de Educación Ambiental para realizar nas aulas ou no Patio nas que descubriremos a Natureza de Galicia.
Destinado a grupos de escolares de tódolos ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria.
Con contidos adaptados segundo Ciclo Educativo
Faremos unha achega á Natureza cunha metodoloxía activa, participativa e manipulativa baseada no autodescubrimento.
Actividades dispoñibles:
-
Charla "Os Animais e os seus Rastros" + Obradoiro "Elaboración de Pegadas de animais en arxila"
-
Charla "Bufos, Mouchos e Curuxas: Aves rapaces nocturnas" + Obradoiro "Elaboración dunha Curuxa con materiais naturais (Infantil e 1 Ciclo de Primaria) / Obradoiro "Elaboración dun Reclamo para Avelaionas (resto de Ciclos)"
-
Charla "As Aves" + Obradoiro Caixas-niño ou Comedeiros.
-
Obradoiros de Elaboración de Refuxios de Fauna:
-
Caixas-niño para Aves
-
Comedeiros para Aves
-
Hotel de Insectos
Actividades só dispoñibles na Provincia de Pontevedra e Ourense
Extraescolares
Actividades Extraescolares
Queremos ofrecer actividades extraescolares diferentes e innovadoras, que ofrezan aos cativos un tempo de ocio educativo baseado no coñecemento do medio ambiente, a bioloxía, a ecoloxía e as actividades artísticas! Uha extraescolar conectada coa Terra. A través de dinámicas que potencien o traballo en equipo, a participación activa e a resolución de conflictos.
As opcións que ofrecemos son:
-
Horta ecolóxica
-
Bosquinenos: Educación ambiental
OBXECTIVOS
-
Inculcar o amor e respeto por la Natureza.
-
Promover o descubrimento da contorna natural.
-
Loitar contra o sedentarismo.
-
Promocionar actitudes e hábitos favorables hacia a conservación dos valores naturais.
-
Favorecer a aprendizaxe a través da experiencia.
-
Dar a coñecer os valores naturais de Galicia.