PÉS a MONTE
Trekkings e Rastreo en Galicia
"Pateando Monte que é xerundio!"
Queredes sair de Aventura ao Monte por Galicia pero non sabedes onde?
Gústavos a Natureza e queredes aprender de fauna, rastreo e flora?
Pois UNÍDEVOS AO NOSO GRUPO !
Vos descubriremos mil e un lugares en Galicia aos que sair a desconectar e descubrir así Natureza máis salvaxe!
Actividades APTAS PARA TÓDOLOS PÚBLICOS, Tamén FAMILIAS (Nen@s a partir de 7 anos*)
* Para Familias con Menores de 2 a 10 anos: Botade un ollo ás nosas actividades da Tribu Bosquinenos (a partir de 2 anos)
QUE FAREMOS NOS TREKKINGS
"PÉS a MONTE" ?
Explorar e descubrir os lugares salvaxes que temos en Galicia é un dos principais obxectivos nas nosas actividades.
Queremos achegarvos aos entornos naturais salvaxes, para axudarvos a saír da rutina, ampliar horizontes e vivir a aventura de descubrir a nosa natureza!
En cada trekking aproveitaremos para aprender un montón de cousas da nosa natureza:
De Seguemento de indicios e rastros de fauna
De Flora e ecosistemas
De historia, cultura e curiosidades
Darvos a coñecer novas sendas onde reconectar co Bosque e coa contorna.
Á vez que vos damos as pautas necesarias para saír a facer grandes trekkings con total seguridade.
VIVE A AVENTURA DE RECONECTAR COA NATUREZA!
Vive a experiencia de explorar o Monte
Seguir rastros de animais, coñecer novas rutas e lugares, pasar unha xornada de campeo en familia ou cos amigos, subir unha Montaña, disfrutar da paisaxe, contemplar o solpor no Monte...en definitiva, reconectar co animal que levas dentro!
Infórmate das Últimas Novidades
Suscríbete á nosa Lista de Difusión de Actividades
-
Agrega o noso número de teléfono 662140027 á túa lista de contactos.
-
Envíanos un mensaxe coa palabra ALTA
-
Recibirás unha mensaxe de recibido para confirmar que te agregamos á Lista correctamente.
Periódicamente recibirás mensaxes coa programación de novas actividades.