top of page
  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon

INFORMACIÓN
- Tribu Bosquinenos Saiáns -

Local Comunidades de Montes Saiáns

Lugar e Instalacións

Lugar: Merendeiro do Parque Forestal de Saiáns (Vigo).

Temos como refuxio a Cabaña de madeira ou o Local da comunidade de montes, ubicados en pleno merendeiro do parque forestal.

Actividades Tribu Bosquinenos Saiáns

Datas-Horarios

ACTIVIDADES DE OUTUBRO A XUÑO

  • Extraescolar: Tódolos Martes (salvo periodos de vacacións escolares)

Horario: Entrada flexible entre 15:30/16:00 ata as 18:00 h.​​

  • Sesións de Fin de Semana: Sábados

 Pódese contratar 1 ou 2 actividades ao mes

Asistindo de xeito regular tódolos meses ou de maneira puntual un mes solto : Consulta o calendario de sesións anual AQUI

Horario De 11:00 a 13:30 h

Parque Forestal de Saiáns

- Idades -

-Tipo de equipamento -

Actividades dirixidas a Nenas e nenos moi Silvestres

de 5 a 12 Anos.

Cada crianza deberá acudir co seguinte equipamento:

  • Botas de auga / calzado impermeable

  • Pantalón/peto e cazadora impermeable.

  • Mochila con merenda e cantimplora

  • Bolsa con muda completa.

Excursións no Monte de Saiáns

Actividades

Tódalas actividades se realizan ao aire libre, no Bosque, salvo condicións meteorolóxicas moi desfavorables, nas que empregaremos a Cabaña e Local. No Bosque realizaremos un Acompañamento respectuoso das crianzas, propiciando a exploración - investigación e descuberta da Natureza, ademáis de: xogo libre, carpinteria, talleres de arte e natureza, costura, voluntariado en favor do onte, e moitas cousas máis.

Excursións na natureza Tribu Bosquinenos de Saiáns

Prezos

1) Extraescolar:

  • Tódolos Martes: 30 euros/mes

2) Sesións de Fin de Semana :

  • 1 Sesión/mes: 25 euros/mes

  • 2 Sesións/mes: 40 euros/mes

  • Desconto do 5% por Irmán

  • A Consultar! Tarifas especiais para Socios/Comuneiros.

Parque Forestal de Saiáns

Inscrición 

Para Inscribirse hai que cubrir o Formulario que poderedes atopar neste enlace.

Para asistencias en sesións de Sábado unha vez ao mes deberedes indicarnos con anterioridade as sesións de asistencia para que poidamos organizar o equipo educativo en función do ratio.

O PAGO da actividade se realiza en metálico o primeiro día de actividade de cada mes.

¿Que facemos na Tribu Bosquinenos?

Co  Grupo de Exploración e Aventuras no Monte "Tribu Bosquinenos"pretendemos levar a cabo un programa de inmersión na Natureza para crianzas.

Buscamos ofrecer un espazo de aprendizaxe, disfrute, respeto, amizade, aventuras e diversión no Bosque que se leve a cabo ao longo do ano.

Un lugar onde levar a cabo unha educación ambiental  baseada na metodoloxía Bosquescola de estilo inglés, na cal faremos primar o acompañamento respectuoso desenvolvido en plena natureza e o descubrimento e aprendizaxe a través da experiencia.

As nosas Educadoras, expertas en educación infantil, educación social, forestais, bushcraft e rastrexo de fauna, acompañarán aos pequechos na aventura diaria de descubrir a verdadeira natureza, aos seus habitantes explorando na procura de rastros e sinais, aprender vellos oficios, coma a carpintería ou costura, que iremos aplicando en traballo en equipo para construir diversas estructuras de xogos, ou proxectos que vaiamos poñendo en común, creación e coidado dun bosque comestible, cociña campestre, costura, bushcraft, supervivencia, e vivir unha e mil aventuras que nos xurdan ao estar en plena Natureza!!

ed897507-f13d-40c5-b999-a323ce96989e.jpg

Cales son os nosos Obxectivos

Detrás do Proxecto dos Bosquinenos hai un Soño e unha filosofía....

Sacar aos nenos e nenas das casas e abrirlles as portas ao mundo vivo que lles rodea

Liberalos da rutina e do estrés

Loitar contra o sedentarismo e promover o libre movemento e autoconfianza

Ofrecerlles o marco para conectar emocionalmente coa súa contorna

Fomentar o desenvolvemento da imaxinación, autonomía e creatividade

Favorecer a sensibilidade a través da experiencia

Educalos no amor, coñecemento e respeto pola natureza

Estimular sen sobreestimular

Promover a motivación e curiosidade polo aprendizaxe, o compañerismo e  traballo en equipo

Crear un espazo ao aire libre onde eles e elas poidan crear, ser, facer, expresar, sentir, imaxinar, construir, investigar, disfrutar, liberar, emocionar, lograr, conseguir, motivar, explorar, experimentar e sobre todo xogar e divertirse libremente!!

Bosquinenos.jpg
IMG_1335.jpg

E que pasa si chove?

Tódalas Actividades que levamos a cabo son realizadas ao aire libre en plena Natureza, no bosque que nos acolle, o cal nos ofrece un marco incomparable de xogos e aventuras.

Pero si as condicións atmosféricas son moi desfavorables ou para momentos puntuais, contamos co uso do Local e Cabaña de madeira da comunidade de montes de Saiáns, ubicados en pleno merendeiro do parque forestal, que nos servirán de refuxio e aula.

Por este motivo e en contraónprestació ópola cesin dos espazos, contribuimos, axudamos e colaboramos coa comunidade de montes  de Saiáns mellorando os seus espazos de uso público e coidando e mellorando o bosque comestible!

Calendario Sesións Fin de Semana Tribu Bosquinenos. Curso 2024/25

Formulario de inscrición

En caso de asistir a Sesións de fin de semana Escolle a frecuencia da vosa asistencia
Adxuntar
Que Tipo de Tarifa tendes?

Gracias por rexistrarte á nosa Tribu Bosquinenos. Pronto contactaremos con vós!

Arrendajo

Vos agardamos no noso bosque máxico!

bottom of page